Lembra que xa podes comprar na Libraría sen necesidade de cita previa. Horarios e máis info aquí

Garro, Elena

Los recuerdos del porvenir (Mapa de las lenguas)

Unha obra mestra escrita en 1952 e publicada no 63, que pasa facendo escaso ruído no seu tempo, e que agora Alfaguara recupera para os lectores de hoxe, apuntalando un “canon por venir”, segundo palabras da tamén mexicana Guadalupe Nettel, quen, nun moi sintético e clarificador texto que acompaña esta edición, espeta unha desas frases chamadas a converterse en reclamo na faixa ou na contra da novela: “junto con Pedro Páramo, es probablemente la mejor novela mexicana escrita en el siglo XX”. Xa non nos abandonarán Julia Andrade nin Isabel Moncada, nin a melancólica voz dese Ixtepec que narra a circularidade da historia e da infamia dos homes a abusar doutros homes (e mulleres) e que ten este comezo inesquecible:


"Aquí estoy, sentado sobre esta piedra aparente. Solo mi memoria sabe lo que encierra. La veo y me recuerdo, y como el agua va al agua, así yo, melancólico, vengo a encontrarme en su imagen cubierta por el polvo, rodeada por las hierbas, encerrada en sí misma y condenada a la memoria y a su variado espejo. La veo, me veo y me transfiguro en multitud de colores y de tiempos. Estoy y estuve en muchos ojos. Yo solo soy memoria y la memoria que de mí se tenga."

reseña de Irma Amado
  • Editorial: Alfaguara |
  • Páxinas: 304 |
  • Dimensións: 154x239 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-204-3815-3 |