Introdución á dirección de escena
A partir da súa propia experiencia como profesora de teatro e como directora de escena, Anne Bogart ofrece unha visión pormenorizada de aspectos substantivos do proceso creativo na montaxe teatral. Prestáselles especial atención aos aspectos máis relacionados coas ferramentas e actitudes necesarias para afondar nun proceso creador que sempre é diferente e no que non caben receitas. Unha viaxe arredor dos grandes desafíos que debe enfrontar calquera persoa que queira crear unha arte escénica chea de vida e presenza.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 168 |
- Dimensións: 120x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-849-1 |