Memoria de derribos
Este libro está feito dun entramado de historias que transcorren no ´Lugo estraño e fantasmal do alcalde López Wittgenstein´, circunstancia imaxinaria coa que o autor alude a ese período desgraciadamente real e aínda próximo de destrución sistemática do pasado das nosas cidades. Ameazado pola ruína, o Lugo de Memoria de derribos é un espazo no que a marabilla ten a capacidade para sobrevivir a un programa de desfeita municipal. Con este libro singular Miguel Anxo Murado incorporouse á literatura galega.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 1993 |
- Páginas: 176 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-7154-843-6 |