Memorias dun neno labrego (cartone)
Memorias dun neno labrego, primeiro título en prosa do autor, saíu publicado con data de xaneiro de 1961. Nesta nova edición reprodúcese o limiar ou proemio que Xesús Alonso Montero escribiu para a vixésima edición, no ano 1999. Durante moitos anos, esta obra foi case que o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de estudo e nos currículos escolares. As Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, é un dos grandes títulos populares, acollidos e recoñecidos polo pobo, polo conxunto da sociedade, que os fixo seus e soubo ler neles o discurso do seu tempo.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 100 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- Ilustración: Marín, Xaquín |
- ISBN: 978-84-9865-346-5 |