O castelo branco
Na Italia do século XVII, un mozo erudito é capturado por piratas que o venden no mercado de escravos de Istambul. Un sabio turco mércao, devecido por coñecer os novos adiantos científicos e intelectuais, a súa relación medra e acaba convertida nunha fonda amizade. Pamuk tece unha historia chea de intelixencia e sensibilidade, unha fábula inzada de aventuras que fai reflexionar sobre as relacións entre culturas.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2007 |
- Páxinas: 228 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9865-023-5 |