O Museo da Inocencia
Kemal, fillo dunha familia rica da cidade de Istambul, reúne os obxectos que lle lembran a Füsun, unha humilde rapaza de dezaoito anos que se converte no seu escuro, e segredo, obxecto de desexo. A obsesión acrecéntase consonte a satisfacción da paixón amorosa se fai imposible e a colección medra. A novela de Orhan Pamuk é o catálogo comentado dese museo absurdo: o Museo da Inocencia. É a historia dos obxectos que pretenden substituír o amor fanado e o tempo perdido. A da posesión como inútil modo de vida.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2009 |
- Páxinas: 712 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Alonso Seisdedos, Mª del Carmen; Aykan, Bartug |
- ISBN: 978-84-9865-185-0 |