O mellor francés de Barcelona
Premio da Crítica de Galicia, 1999. O desexo de escapar dun mesmo e da grisalla cotiá, de ser outro e de vivir outras vidas, posibles e distintas, é o fío condutor dos dez relatos que compoñen O mellor francés de Barcelona. Neste libro, Bieito Iglesias ofrece un retrato enérxico e irónico da Galicia contemporánea, realizado coas armas da imaxinación, o humor e unha infrecuente riqueza expresiva.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 1999 |
- Páginas: 264 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-287-1 |