O oficio de vivir
Este libro, iniciado no ano 1935, durante os días do seu confinamento político, acompaña a Cesare Pavese deica o 18 de agosto de 1950, nove días antes da súa morte. Este diario convértese pouco e pouco na obra en que o escritor e editor italiano deixa constancia dos seus pensamentos sobre o mundo e na que inclúe as súas confesións derradeiras sobre os dramas íntimos que esgazaban a súa existencia.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2006 |
- Páxinas: 489 |
- Dimensións: 145x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-977-1 |