Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Andersen, Hans Christian

O soldadiño de chumbo

Descubre por que O soldadiño de chumbo é un dos contos máis queridos de todos os tempos. Unha historia que vai máis aló do amor e que agora viaxa dende o cine á literatura para sorprendernos unha vez máis. Con este libro Galaxia inicia unha nova colección, Árborecinema, nun ambicioso proxecto que agora nace en colaboración con Continental Producciones e Algarabía Animación, quen se encargaron da realización dunha curtametraxe de animación que xa colleitou unha morea importante de premios en todo o mundo, ambientada no Museo do Xoguete de Allariz e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde seguindo a técnica do stop-motion con deseños de Alfonso Costa. Emilio Aragón puxo a música a este fermoso proxecto no que tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña. Posteriormente, Editorial Galaxia asumiu o reto de convertelo nun libro multisoporte que conxugase o pracer estético do álbum ilustrado de gran formato co DVD de animación. Inclúe DVD coa curtametraxe.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Año: 2010 |
  • Páginas: 40 |
  • Dimensiones: 220x290 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9865-323-6 |