
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Os hemisferios
Árbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade. Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A poesía raña a superficie da linguaxe, deixa marcas, pegadas do seu paso. Con sutil delicadeza, María do Cebreiro (Compostela, 1976) rexístraas e avisa da súa presenza.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 100 |
- Dimensións: 120x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-940-5 |