Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Iglesias, Bieito

Pan e coitelo

Esta nouvelle de Bieito Iglesias contén un relato policial (con crime perfecto), estampas políticas do fraguismo terminal, varios sketchs costumistas que declinan a xovialidade do folclore actual, un retrato de familia, dúas crónicas de viaxes (a Suiza e Oriente Medio) e outras tantas historias de amor. Os elementos tráxicos, mesmo algunha escena truculenta resultante de mesturar a Cela con Tarantino, aparecen en Pan e coitelo dulcificados por unhas personaxes que experimentan a ledicia goliardesca e pasoliniana. Todo, coa maior brevidade posible, porque o autor mora nun mundo vertixinoso.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2008 |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-035-8 |