Teatro occidental: unha historia teatral desde a escenografía
A través da análise de numerosos textos, debuxos, planos, gravados, pinturas e fotografías, este libro ofrece un percorrido polos vestixios que quedan dos tempos en que o arquitecto, o decorador ou o pintor aínda non recibían o nome de ´escenógrafo´, mais non por iso deixaban de colaborar na invención e reinvención do espazo escénico. Unha visión rigorosa e útil do lugar onde se desenvolve a ficción teatral, o espazo de encontro e troco entre público e actores.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 272 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: López Silva, Inma |
- ISBN: 978-84-9865-208-6 |