Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Gómez, Lupe

A grafía dos mapas

Durante o proceso creativo de A GRAFÍA DOS MAPAS, Emilio Araúxo e máis eu intercambiamos moitas cartas, ideas, pensamentos, sentimentos, fotos e mensaxes ao longo de varios anos e os dous sentimos que atopabamos o amparo dunha árbore baixo a que non era necesario falar, escribir nin facer poemas.

As fotos do entroido chegaban a min a través dos simpáticos carteiros e das amables carteiras que traballan no meu barrio compostelán. Nesa correspondencia atopei, e sigo atopando, o amparo e a forza para cantarlles ao Amor, á Terra e á Amizade.
  • Editorial: Toxosoutos |
  • Páxinas: 83 |
  • Dimensións: 13x20 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-92792-75-7 |