Zeralda e o dragón
Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2012 |
- Páginas: 52 |
- Dimensiones: 130x200 |
- Idioma: Gallego |
- Ilustración: Jaraba Bará, Fran |
- ISBN: 978-84-9865-465-3 |