Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

SEIJAS, ANTONIO | Fernández Paz, Agustín

Cartas de inverno. Novela gráfica

Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar.
Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea. // Di Agustín Fernández Paz: " Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno. "
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 104 |
  • Dimensións: 195x270 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9914-443-6 |