Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Peirano, Marta

O inimigo coñece o sistema

A tecnoloxía que mantén Internet en funcionamento non é neutral, igual que tampouco o é a que atopamos ou instalamos nos nosos teléfonos móbiles. Na última década, todas evolucionaron
dun xeito premeditado, cun propósito moi específico:
manterte cos ollos pegados á pantalla durante o maior
tempo posible, sen que nunca acades o punto de saturación.
Son capaces de facer calquera cousa con tal de que sigas
lendo titulares, premendo sobre ligazóns, engadindo favoritos
A rede non é libre, nin democrática. Ese conxunto de servidores
en sitios remotos, antenas, routers e cables de fibra óptica está controlado por cada vez menos empresas. Internet é a infraestrutura
máis grande xamais construída, o sistema que define todos
os aspectos desta sociedade dixitalizada. Sen embargo, é secreta; os seus algoritmos son opacos, as súas microdecisións
non se poden rastrexar. Os centros de poder que almacenan
e procesan a información están ocultos, camuflados
por criptografía; a súa linguaxe está deseñada para confundir
a idea que temos dela. O inimigo coñece o sistema, pero nós non.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 344 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Veres, Antía |
  • ISBN: 978-84-16721-55-9 |