Cadencias
Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor. A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os protagonistas de " Cadencias " non son unha excepción. Nunha Barcelona de trazos tenues, tres personaxes, ela, el e Elisa, percorren a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade. " Cadencias " é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 120 |
- Dimensións: 155x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-627-8 |