Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Vila Pernas, Miguel

A cociña do Entroido e San Xoán

Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seu esplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociña galega do entroido.

Miguel Vila Pernas ofrécenos, con rigor e amenidade, un libro práctico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoán (evocada polas sardiñadas e os churrascos), pescudando na tradición e na cultura propias, sen esquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario para cociñar, na casa os máis diversos pratos.

Para o entroido: o cocido, o lacón con grelos, a androlla, as filloas e freixós, as orellas de frade, as rosquillas, o tripón doce, o bandullo, etc. E para o San Xoán: as sardiñas, cos seus diversos xeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas, rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitas para a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo á grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.).
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 184 |
  • Dimensións: 145x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9782-417-0 |