Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

XUBÍN, ISAAC

Xenealoxía dun intruso

O poeta é un intruso. Introdúcese entre as cousas. Tradúceas a un idioma ignoto. Ese idioma tamén é para el alleo, nada propio lle pertence. Sente o seu país como unha paisaxe que interpretar, algo que soamente pode absorver do mesmo xeito que as metáfosas absorven e condensan o senso das verbas. O poeta leva tanto tempo a cruzar fronteiras que agora tamén é un intruso na súa casa, no seu país, na súa lingua. Tradutor entre os diferentes mundos,dálle a quen le acceso a eles. Escribe coma se estivese ao outro lado do muro: a man atravesa a parede e redacta sen que o poeta saiba como son os signos que traza nun misterioso papel pautado por un estraño a quen non coñece nin endexamais ha coñecer.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 125x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-445-9 |