Plasticus maritimus. Unha especie invasora
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso
do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes;
non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas
dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano
no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa especie invasora que urxe erradicar.
A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando
a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu
como beachcomber nunha rede internacional de expertos
que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos
nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada
pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm.
que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo
de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 176 |
- Dimensións: 150x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Recarey, Cecilia |
- ISBN: 978-84-1343-016-4 |