![](https://numax.org/storage/cache/images/345/1651053521-263_6913d143-978841780212.gif)
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A muller do porvir
Con ocasión da conmemoración do segundo centenario do nacemento de Concepción Arenal, o Consello da Cultura Galega publica esta obra de alto valor intrínseco e de importancia histórica incuestionable, de coñecemento necesario para comprender e facer xustiza ao pensamento e labor da autora no seu tempo. Plenamente vixente na actualidade, A muller do porvir contribúe a desmontar ese discurso contraditorio, nas leis e nos costumes, que privou e priva as mulleres de viviren en plenitude, desenvolvendo as súas capacidades, aspiracións e responsabilidades en condicións de igualdade coa outra metade da humanidade.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 207 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Alonso Seisdedos, María |
- ISBN: 978-84-17802-12-7 |