Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Puentes, Hixinio

Aguillóns de Ortegal

Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, que atrapa ao lector coa intriga dun argumento ben dosificado e un estilo áxil que caracteriza ao autor. Novela de arrecendo clásico, extraordinariamente ben escrita e construída, dá conta, en primeira persoa, do relato autobiográfico do mariñeiro Fonseca, de orixe galega, nacido en Lisboa. De neno, nesa cidade, unha bruxa prognostícalle que terá sete vidas e, a partir dese fío, o protagonista vai dando conta de todas as ocasións en que estivo a piques de morrer. Con múltiples historias e anécdotas que se van entrelazando, o motor da novela transcorrre a partir do naufraxio que sofre o protagonista cando é atacado o barco en que viaxa. O naufraxio e os instintos de supervivencia dos personaxes dan pé a páxinas memorables, que denotan a presenza dun narrador sumamente hábil.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 304 |
  • Dimensións: 146x221 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9782-392-0 |