Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Puentes, Hixinio

O bandido Casanova

Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... Ó longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos, a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra de Ortigueira, o tránsito carcerario ou o aparato xudicial, dbuxados con acedos trazos e imaxes esperpénticas.
O bandido Casanova é unha novela picaresca, ó xeito do Lazarillo ou o Buscón, narrada nunha prosa magnífica, onde salienta a utilización dunha lingua de raíz, enchida de xiros populares, e presencia do humor cercano, ás veces, ó de Fernández Flórez. É tamén a destacar a coidadosa reconstrucción histórica da Galicia en tránsito do Unha grande primeira novela dun narrador maduro.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 272 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8302-545-1 |