Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Puentes, Hixinio

Winnipeg

Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT.
Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende son vitimados. O mundo da pesca no Ortegal, as sucesivas fugas polo mar, a Guerra Civil, os campos de concentración franceses e o medo están aquí perfilados pola man áxil e experta do escritor Hixinio Puentes.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 240 |
  • Dimensiones: 145x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9914-102-2 |