Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

GÓMEZ CERDÁ, ALFREDO

Sete chaves para abrir os soños

Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes protagonizan sete relatos,
un número máxico para outras tantas figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Esta homenaxe narrativa de Alfredo Gómez Cerdá está elaborada cos ingredientes que os propios personaxes cultivaron ao longo da súa traxectoria: fantasía e creatividade. Trala anécdota que dá lugar a cada historia
transloce un labor de documentación previo que anima os lectores
a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores.
Ata o punto de que se difumina a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa traxectoria vital e mesmo explicaran dalgún xeito a súa vocación literaria.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 112 |
  • Dimensións: 150x235 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Soto, Isabel |
  • ISBN: 978-84-1343-024-9 |