O bolero de Ravel
O Bolero é a obra máis famosa e interpretada de Maurice Ravel,
a quen llo encargou a bailarina e mecenas rusa Ida Rubinstein,
icona da belle époque. Considerado un exercicio depurado
de virtuosismo orquestral, estreouse en París en 1928, na Ópera Garnier. José Antonio Abad traza, a partir desta melodía,
un engaiolante relato que, como as notas dunha partitura,
vai presentando os músicos -con cadanseus instrumentos-
dunha orquestra moi especial.
As sorprendentes ilustracións de Federico Delicado
-cuxos protagonistas son animais humanizados pertencentes
a especies en perigo de extinción- transpórtannos a un escenario urbano como asistentes de luxo a un concerto memorable que, ademais de música, tamén nos envolve con luz e colorido.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páginas: 40 |
- Dimensiones: 245x215 |
- Idioma: Gallego |
- Ilustración: FEDERICO DELICADO |
- ISBN: 978-84-1343-039-3 |