Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De Toro, Suso

Un señor elegante

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.
Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela deslumbrante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.
Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais do aceptamento da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.
Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galiza vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 544 |
  • Dimensiones: 155x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-766-4 |