Normal, diferente
Vera faría todo por chamar a atención de Jan. E iso que as súas amigas lle bisban que non é como os outros, que non é normal... Ela non lles fai caso e lánzase á aventura. Pero a pesar dos seus esforzos, a aventura tarda en realizarse. Logo, cando por fin parece que Jan picou e unha noite os dous van a unha festa misteriosa, Vera fai un descubrimento que a perturba e escandaliza. En Normal, diferente o barullo de emocións e prexuízos, o rexeitamento e o escándalo, a comprensión e a sensibilidade forman parte da actitude espontánea dunha persoa heterosexual namorada doutra homosexual. Os conceptos de "normal" e "diferente" revelan o seu carácter relativo e perden importancia fronte á amizade e a aceptación do outro tal como é.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 104 |
- Dimensións: 138x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Fernández de Gabriel, Susana |
- ISBN: 978-84-8288-300-7 |