Xa vai o Griffón no vento
Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo. Un escritor que, á parte do dominio do idioma que aquí acada cumes, soubo dar cun tema. (XGG, A Nosa Terra). A obra de Conde impón de xeito insistente a presencia da galeguidade. Con auténtica maestría, o narrador afonda a modo no personaxe. Alfredo Conde é un novelista considerable e o Premio Nacional de Literatura concedido a Xa vai o griffón no vento paréceme xustificadísimo. (Miguel García Posada, ABC, Madrid). O encanto invade o libro de Alfredo Conde, Xa vai o griffón no vento, escrito nun galego que se percibe como algo continuamente redescuberto e reinventado. (Sergio Perosa, Il Corriere Della Sera, Italia). Ultimamente descubrín na literatura estranxeira tan só dous nomes notables de verdade. Son o serbo Milorad Pavea e o galego Alfredo Conde, autor de Xa vai o griffón no vento. (Victor Andreev, Vechernniy Petersburg, Rusia). O griffón é moito máis que un alegato a prol da liberdade. Que o é. Ten, ó meu ver, unha cualidade eminentemente literaria que o salva do paso dos anos. Conde escribiuno coa serenidade dun clásico. (Luís Blanco Vila, El Ideal Gallego, A Coruña).
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 296 |
- Dimensións: 112x175 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8302-337-2 |