Unha noite no tren da Vía Láctea
Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: Unha noite no tren da Vía Láctea, A estrela da avenoiteira, A araña, a lesma e o tanuki, A oficina dos gatos, Orbel e o elefante, Matasaburó, o do vento e Gauche o violoncellista. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado o Principiño da literatura xaponesa. Este libro forma parte da colección Clásicos ilustrados e puido publicarse mercé ao apoio económico de máis de 60 mecenas.
- Editorial: Aira editorial |
- Páxinas: 276 |
- Dimensións: 160x220 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Álvarez, Gabriel |
- ISBN: 978-84-122631-4-5 |