Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

MEDOS ROMERO

O trevo da sorte

Soubo que era muller dun só instante , e todo o demais era perdio . Instantes que non perduran enternamente , que se esvaen , como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca . Momentos que non volven , e era absurdo tratar de retelos , porque non é posíbel . Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos , e pediu a morte de veras decatándose do que era , e esta chegoulle un día de outono , deitándoa espida sobre da herba . Alí ficaba Carla , núa , serena , coma unha deusa nun cadro de Boticelli , co mirar escuro de desamparo . Carla , soa e espida , gozou canto menos do seu instante final naquel lugar . Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre , naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans . Entregada , núa , tal e como ela concebira a beleza por primeira vez , naquel outro corpo , no dor da súa visión , no desacougo daquilo que lle atraera tanto , cando ela se iniciaba ao mundo a través dusn ollos aínda inocentes , cando a pebida do sentir prendera n
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 116 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-96128-45-3 |