MOVENDO OS MARCOS DO PATRIARCADO.PENSAMENTO FEMINSTA EMILIA
As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados universais asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres.
Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir o seu propio destino, ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres até a última gota de tinta.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 232 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9151-587-6 |