Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pazos, Oscar

A herdanza

A Herdanza é unha inmersión nas institucións, procesos e tradicións que administran a violencia no noso mundo, espallándoa e conténdoa, construíndo muros e normas que a negan ou a afirman, criminalizando ou politizándoa.

Fago esta inmersión na administración da violencia a través da nosa herdanza común coas sociedades máis violentas do mundo: as americanas, coas que compartimos linguas, historias, culturas e mesmo destinos familiares e persoais. Formando parte do noso horizonte vital dun xeito persoal e nacional, Brasil, Arxentina, Venezuela, Cuba ou México -que por dous séculos foron destino de centos de milleiros de emigrantes galegos- ou mesmo os Estados Unidos -que son hoxe a nosa máis forte influencia cultural- son, porén, outros mundos en canto enfrontamos a súa criminalidade. Miramos asombrados a brután criminalidade americana coma unha insoportable quebra social, mais ao seguir esas quebras na continuidade de institucións e herdanzas comúns aparecen á vista os mesmos mecanismos da honra, a segregación, o racismo, a competición e fascismo que estruturan a nosa sociedade como finas lañas. Seica dun xeito máis sutil e impercetible, as mesmas quebras que escachan as sociedades americancas atravesan unha realidade social determinada pola situación do país como un apracible recuncho do relativamente pacífico continente europeo.

Poñendo xa a atención no entorno máis inmediato, a metade do libro vai adicada á análise miuda dos procesos institucionais e sociais da violencia en tres casos singulares: a sedición popular de Chandebrito en 2001 para expulsar a unha familia no contexto da corrupción urbanística; os desterros da centos de xitanos de O Porriño e Tui en 2010 e 2014 pola mafia dos mercadiños; e a persecución xurídicio-policial do Estado español aos independentistas galegos de Ceivar e Causa Galiza por delitos de criptoterrorismo.
  • Editorial: Oscar Pazos Rodriguez |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-120647-2-8 |