Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Arias, Xela

Intempériome

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial, feita con motivo da celebración das Letras Galegas 2021, consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-894-4 |