No mes de abril arranca Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias, unha actividade que se desenvolverá na Libraría NUMAX até o mes de outubro e que propiciará o encontro da obra de Xela Arias con creadoras actuais de diferentes disciplinas artísticas. Para ir abrindo boca compartimos o itinerario bibliográfico da comisaria da actividade, Charo Lopes, que nos comenta cada unha das súas escollas. Intemperiadas está apoiada pola Deputación da Coruña.
Seguir lendo