Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

AA.VV.

MANIFESTO 25 N

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller. A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) cando ocupaba a presidencia Martiño Maseda (hoxe responsable de Culturalia GZ), asociación que actualmente preside Montserrat González.

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”.

Con este obxectivo, dende a Asociación Cultural Caldaloba fíxose unha convocatoria aberta para recibir traballos e foron máis de setenta os achegados, dos que se fixo unha selección destes trinta que agora ven a luz.

A achega de obras é moi variada ,tanto no seu formato —poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos— como diverso é tamén no seu enfoque temático.
  • Editorial: Verdemar |
  • Páginas: 74 |
  • Dimensiones: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-18567-03-2 |