Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras
Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Nun primeiro bloque, María Victoria Moreno: ensino e literatura, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas.
A mirada atenta sobre esas Nosoutras, que superaron unha dupla marxinalidade a de ser mulleres e escritoras en lingua galega, amplifícase no segundo bloque centrado na Educación literaria e artística. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.

- Editorial: Hércules |
- Páginas: 224 |
- Dimensiones: 165x240 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-122537-6-4 |