A ORIXE DAS SEREAS
Todo empezou unha vez nunha lagoa máxica cun cativo chamado Teo que adoraba coleccionar peixes. Un día atopou unha criatura diminuta dentro dunha fermosa burbulla. Levouna para a casa, mais na peixeira empezou a languidecer. Por sorte, Teo descubriu a maneira para que a súa nova amiga se puxese ben. Que credes que puido ser? RECOMENDAMOS ESTE LIBRO POR: È Unha historia que será devorada de inmediato polos innumerables pequenos amantes das sereas. As súas ilustracións son moi peculiares e fan chegar de inmediato o/a lector/a a historia e valores que habitan detrás desta narración, tales como o amor polos animais, a amizade incondicional, axuda ao necesitado e a cooperación.
- Editorial: Triqueta |
- Páginas: 40 |
- Dimensiones: 230x270 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: Mato Creo, Iolanda |
- ISBN: 978-84-18687-03-7 |