Versos para musas e catro contos de Edgar Allan Poe
Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro; co amor, a ausencia e a morte como nexo e razón para que Fernando Mircala seleccione e ilustre unha vintena de versos e algúns contos de Edgar Allan Poe. Annabel Lee, Helen, Marie Louise Shew son versos sobre mulleres ausentes, sobre musas, que mostran non só a profunda dor do seu autor pola perda, senón a súa visión romántica da muller e o amor. Se Poe non existise habería que inventalo para que Mircala nos puidese ofrecer este libro.
- Editorial: Bululu |
- Páginas: 80 |
- Dimensiones: 210x280 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: ZAERA LANDEIRA, MARUXA |
- ISBN: 978-84-18667-10-7 |