A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana
A monografía «A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana», nova publicación da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantil y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI), nace co propósito de ofrecerlles un apoio teórico no seu labor de mediación a docentes, profesionais das bibliotecas, familias, animadores culturais etc. Os diferentes estudos que acolle analizan como se trata o tema da morte nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano). Así mesmo, o lectorado interesado atopará nestas páxinas unha completa selección de títulos pertencentes a diferentes xéneros e modalidades editoriais nos que se aborda a morte desde diferentes perspectivas, vinte e oito dos cales son obxecto dun comentario pormenorizado. Un conxunto de aproximacións á morte (natural, violenta, accidental...) que axudan a desterrar esta temática do terreo do tabú.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 594 |
- Dimensiones: 170x240 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-9121-985-9 |