Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

ROXANE GAY

Mala feminista

Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e
consciente do papel da muller —así como da súa relación cos homes e
coas demais mulleres— nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes.
Para ela vivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan e que nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revista
Vogue. Mediante exemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto, da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitos sobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita por elas, da misoxinia no mundo do espectáculo etc. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón que aceptemos todos os seus matices.
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páginas: 328 |
  • Dimensiones: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Traducción: González Fernández, María Fe |
  • ISBN: 978-84-18966-10-1 |