Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Monteagudo, Xosé

Eternity

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021
Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados. A el únense Larisa, Daniel e Héitor. Catro enxeñeiros informáticos que precisan de alguén máis que domine varias linguas e saiba redactar: a protagonista desta novela. O que ela non sospeita é que a historia das vidas dos demais a ha levar a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia.
Xosé Monteagudo, cun estilo directo que intriga e apreixa ao tempo que desvela e afonda, fai confluír o eterno desexo humano de transcendencia co presente dixital máis anovador. Eternity é unha novela breve e intensa que nos convida a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibíndose como un inmenso arquivo dixital.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 200 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-9151-769-6 |