A herdade
Se os poemas deste libro se dispoñen a falar de herdanza e de xeración é en nome da xustiza, porque toda pretensión de xustiza como sostiña J. Derrida require consideración cara a eses outros que xa non son. Ao faceren seu ese propósito, os versos revíranse contra si mesmos. Constatan que non abonda o que espella en van / o enfeite que apenas é pompa que non calla. Contra o que se fai pasar por natureza pero é Historia, invocan a posibilidade outra de que os actos sucedan. Apelan, con desasosego e fervor, a unha nacenza súbita, a unha creba inesperada que permita fuxir cara ao comezo.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 84 |
- Dimensiones: 160x220 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-9151-770-2 |