Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

James, Henry

A besta na xungla

A besta na xungla apareceu en 1903 dentro da recompilación intitulada The Better Sort. É un dos escasos textos que James non publicou na prensa ou en revistas. Trátase dunha novela curta que xira ao redor da ambigua relación que xorde tras o reencontro de John Marcher e May Bartram, logo dunha década sen saber nada o un do outro. O seu corte simbolista, e por momentos abstracto, forma parte da estratexia narrativa do autor, que se esmera en mergullar o lector nun labirinto psicolóxico, imprescindible para afondar nos sentimentos máis íntimos e etéreos. «Existe un libro que rexistra as delicadas emocións dun home ao que nada lle ocorre, A besta na xungla, a meta da novela psicolóxica», afirmou Borges desta historia aberta a múltiples lecturas e que invita a encher os espazos de indeterminación. Esta pequena obra mestra aborda as relacións de dependencia ?talvez o amor, sublimado e inaprensible; posible reflexo da relación do enigmático e versátil Henry James coa tamén escritora Constance Fenimore Woolson? grazas a unha carga considerable de reflexión, a dous únicos personaxes catalizadores e á suxestiva imaxe da besta, que, acazapada na xungla, asexa.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 81 |
  • Dimensiones: 135x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: TOBAR SALAZAR, ALEJANDRO |
  • ISBN: 978-84-941211-9-7 |