Unha vida violenta
A presenta novela nace da querenza de Pasolini por narrar dende unha óptica neorrealista o estilo de vida da mocidade na periferia romana: o real e cru, o desagradable e inxusto. O autor presenta de xeito descarado e descarnado o día a día do mozo Tommaso Puzzilli e da súa cuadrilla. Ese é o modo que lle permite perfilar e definir a miseria, sexa en forma de fame, de delincuencia, de enfermidade ou de presidio... mais o certo é que canda esta violenta miseria coexiste a posibilidade dun cambio, propiciado en gran medida pola entrega, poida que polo amor. Unha vida violenta é sobre todo unha novela de sentimentos humanos erixida a partir da denuncia das condicións do proletariado tras o remate da Segunda Guerra Mundial. Por así dicilo, isto é Pasolini, o narrador, en estado puro: ideoloxía, contrastes e unha linguaxe sen filtros nin medias tintas, trabada por momentos, que case lle valeron o reputado premio Sterga de 1959, do que quedou finalista; mágoa, aquel ano tamén foi o da obra de Lampedusa Il Gatopardo.
- Editorial: Huguin e Munin |
- Año: 2015 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-939647-6-4 |