Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Sartre, Jean-Paul

A infancia dun xefe

A infancia dun xefe apareceu por vez primeira na compilación intitulada Le Mur (1939). Para desgraza de personaxes tan sinistros coma o pronazi Robert Brasillach, que cualificou a obra de aburrida e malsá, acadou un éxito notable, entre outras razóns pola habilidade indiscutible do autor para plasmar fielmente o ambiente convulso que precedeu ao auxe do
fascismo e moitas das inquietudes do seu tempo. Trátase dunha novela curta de formación, onde o muro ou parede non é físico senón psicolóxico, alzado entre Lucien, o antiheroe protagonista chamado a suceder o seu pai á fronte dunha fábrica, e o mundo que o arrodea. Con estes vimbios, Sartre foi quen de artellar unha suxestiva e inquietante historia de corte psicolóxico na que confronta o colectivo co individual, sempre dende unha perspectiva crítica para cos conservadorismos e as ataduras da época.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 364 |
  • Dimensiones: 135x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: RODRÍGUEZ OTERO, BEGOÑA |
  • ISBN: 978-84-943230-1-0 |