Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Oroonoko

Son máis ben escasas as novelas británicas do século XVII que os lectores actuais podemos ler e gozar sen esforzo. Oroonoko (1688) é unha desas poucas excepcións, xa que contén a dose xusta de aventura e descrición e, sobre todo, unha moi interesante denuncia do sistema escravista, pincelada, claro está, cos valores dun colonialismo en pleno apoxeo.

A novela narra a historia dunha tráxica relación amorosa entre escravos, e faino cunha trama lineal estruturada de maneira aglutinante, con trazos de drama teatral, relato e biografía; xa que logo, é relativamente próxima ao estilo literario da novela moderna, de aí que con frecuencia se afirme que se trata dunha das primeiras novelas inglesas modernas. Non cabe dúbida de que ten unha enorme importancia pola súa descrición literaria do «bo salvaxe». Por ese e outros motivos, Oroonoko é unha novela que segue a xerar multitude de estudos, teses e análises en todo tipo de cenáculos literarios.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Año: 2015 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-939647-7-1 |