Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Baceiredo, Rebeca

A revolución non vai ser televisada

A partir da obra de Gilles Deleuze, Rebeca Baceiredo elabora unha proposta na que vai trazando outro devir, o que se amosa na arela de expoñer un proxecto teórico —e a teoría é a que fai o mundo— para ceibarnos da descompensación entre o desenvolvemento onto-ético e o desenvolvemento maquínico e técnico da sociedade capitalista.
A revolución non vai ser televisada: nesta frase hai unha indicación de que a revolución ten que atinguir o suxeito como punto de incardinación do poder. Para que quede desprovisto de intención.
Proponse, entón, unha transmutación dos valores, non unha inversión, senón instalarse nun novo plano ontolóxico e ético no que se di si á vida, descargándoa do peso dos desexos. Trátase de entender, con Nietzsche, que «o mundo non é nin verdadeiro nin real, senón vivente».
Velaquí, tamén, un cuestionamento da razón como normalización imposta. Un texto para pensar criticamente as «forzas reactivas» e o que estas dispoñen nos suxeitos: desexos transcendentes, culpas, expectativas incumpridas.
PREMIO DE ENSAIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA 2014
  • Editorial: Euseino? |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 170 |
  • Dimensiones: 140x190 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-616-4175-8 |