Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Lema, Carlos

A música das esferas

Seguindo a aparente inestabilidade daquelas ideas que se transformaron e, así e todo, mantiveron a súa función —metamorfoseadas— na Idade Moder­na, este ensaio de Carlos Lema pescuda na súa translación do neoplatonismo ao cristianismo, na súa manifestación posterior na Ilustración e no saber científico como saber verdadeiro.
Desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo á teúrxia e á teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre, trázase aquí o percorrido da idea de orde aplicada ­ao mundo cunha finalidade transcendente; búscase ­­a procedencia dese poder que logra reducir todo acontecer á inconsistencia.
A crítica á orde transcendente remóntase, pois, á relación de confianza da orientación cosmolóxica grega antiga e á súa reformulación nunha idea de cosmos que, nos tempos modernos, acabaría substituída pola crecente necesidade de dominar o mundo.
* * *
Índice: Adro.— 1. A harmonía das cousas.— 2. A mirada atrás.— 3. A orde do número.— 4. A constitución do mundo: 1. O quinto convidado – 2. A harmonía – 3. O produtor de orde – 4. A situación – 5. A esfera – 6. O mesmo e o outro no mundo – 7. A música – 8. Analoxía e máthema – 9. O tempo e a música das esferas.— 5. O platonismo ou a transcendencia.— 6. A filosofía domeada (da teúrxia á teoloxía).— 7. A cristianización do platonismo.— 8. A constitución do eu ou o mundo interior.— 9. A perfección do home.— 10. O culto do Ser Supremo.— Cabo.— Addenda. Orde do mundo, secularización e progreso.— Bibliografía.
  • Editorial: Euseino? |
  • Ano: 2013 |
  • Páxinas: 280 |
  • Dimensións: 140x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-616-6171-8 |