![](https://numax.org/storage/cache/images/d9b/1721733876-263_68ed186c-978841738873.gif)
Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
CIRCE
Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Vivanti distínguese no panorama da literatura feminina do principios do século xx por ir alén dos territorios reservados ás mulleres escritoras: o amor, o romance, a familia e os argumentos rosas. Así, con Circe, Annie Vivanti quixo ir máis aló da novela rosa, e os feitos narrados son reais: demostra aos seus lectores que é unha escritora informada e que tamén formou parte da historia. Cando falan desta novela, moitos estudosos tratan de establecer a conexión entre a vida da condesa Tarnovska, protagonista de Circe, e a nosa escritora, que sempre tivo tendencia a incluír material autobiográfico na súa literatura. Probabelmente esteamos ante un caso de ficción autobiográfica, unha expresión dos feitos subxectiva e creativa, onde a verdade se somerxe na ficción.
- Editorial: Rinoceronte Editora |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-17388-73-7 |